Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19232

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (OR8 ordinario LPH-249.1.8 522/2016).

OR8 Procedemento ordinario LPH-249.1.8 522/2016

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Comunidade de Propietarios do edificio sinalado co número 32 da rúa República de El Salvador

Procurador: José Martínez Lage

Avogado: José María Barreiro Riveiro

Demandadas: Constructora Inmobiliaria Belvís, S.A., Dolores Hermida Pereiro

Edicto (PO LPH-249.1.8 522/2016)

Eu, Eva Bernárdez Pereiras, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, por este edicto fago saber que nos autos de OR8 ordinario LPH-249.1.8 522/2016 se ditou a Sentenza 142/2018, con data do 28 de decembro de 2018, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde o día seguinte ao da notificación.

Ao encontarse a dita demandada, Constructora Inmobiliaria Belvís, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza