Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19233

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada

EDICTO de notificación de sentenza (PO 152/2015).

ORD. procedemento ordinario 152/2015

Procedemento orixe:/

Sobre outras materias

Demandante: Enercomparad Gestão de Activos Unipessoal, Ltda.

Procurador: Jesús María Cedrón Trigo

Avogado: Arturo Rafael Vede Calvelo

Demandados: Leopoldo de Soto Rodríguez, Francisco Javier Otero Soto, María Elvira de Soto Vázquez, María del Carmen de Soto Rodríguez, Antonio de Soto Rodríguez, José Luis de Soto Vázquez, María Luisa de Soto Cardero

Procurador: Juan Carlos Fernández Rodríguez

Avogado: Celestino Jesús López Otero

Eu, Regina María Pena Sangil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Enercomparad Gestão de Activos Unipessoal, Ltda. contra Leopoldo de Soto Rodríguez, Francisco Javier Otero Soto, María Elvira de Soto Vázquez, María del Carmen de Soto Rodríguez, Antonio de Soto Rodríguez, José Luis de Soto Vázquez, María Luisa de Soto Cardero, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva teñen o teor literal seguinte:

«Sentenza núm. 200/2017.

Chantada, 14 de novembro de 2017.

Vistos por Estefanía Elena Pena Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, os presentes autos de xuízo ordinario 152/2015, seguidos por instancia da mercantil Enercomparad Gestão de Activos Unipessoal, Ltda., representada polo procurador dos tribunais Jesús María Cedrón Trigo e asistida polo letrado Rafael Vede Calvelo, contra Francisco Javier Otero Soto, comunidade hereditaria de Benito de Soto Rodríguez, María Elvira de Soto Vázquez, Emilia María del Carmen de Soto Rodríguez, Leopoldo de Soto Rodríguez, sucedido pola súa herdeira María Luisa de Soto Cardero –en situación de rebeldía procesual– e Antonio de Soto Rodríguez, representados polo procurador Juan Carlos Fernández Rodríguez e asistidos polo letrado Celestino López Otero, sobre reclamación de cantidade, nos cales son de aplicación os seguintes […].

Decido:

Que, desestimando integramente a demanda formulada por Enercomparad Gestão de Activos Unipessoal, Ltda., representada polo procurador dos tribunais Jesús María Cedrón Trigo, contra Francisco Javier Otero Soto, comunidade hereditaria de Benito de Soto Rodríguez, María Elvira de Soto Vázquez, Emilia María del Carmen de Soto Rodríguez, Leopoldo de Soto Rodríguez, sucedido pola súa herdeira María Luisa de Soto Cardero –en situación do rebeldía procesual– e Antonio de Soto Rodríguez, representados polo procurador Juan Carlos Fernández Rodríguez, debo:

1. Absolver a Francisco Javier Otero Soto, comunidade hereditaria de Benito de Soto Rodríguez, María Elvira de Soto Vázquez, Emilia María del Carmen de Soto Rodríguez, Leopoldo de Soto Rodríguez, sucedido pola súa herdeira María Luisa de Soto Cardero e Antonio de Soto Rodríguez, dos pedimentos formulados contra eles.

2. Condenar Enercomparad Gestão de Activos Unipessoal, Ltda. a satisfacer as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, que se interporá no prazo de vinte días na forma prevista no artigo 458 da Lei de axuizamento civil, sendo preceptiva para a súa admisión a constitución de depósito na forma legalmente prevista».

E atopándose devandito demandada, María Luisa de Soto Cardero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza