Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 797/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 797/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Estefanía Pérez Chas, sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

A Coruña, vinte e un de novembro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 797/2016, nos cales son parte, como demandante Ángel Jesús García Fernández, representado pola letrada Marina Álvarez Santos, e como demandada Estefanía Pérez Chas, que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Ángel Jesús García Fernández, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Estefanía Pérez Chas a aboar ao demandante a cantidade de 950,88 €, máis o xuro correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estefanía Pérez Chas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza