Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18344

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Baltar para a recadación executiva do imposto de construcións, instalacións e obras ICIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 22 de febreiro de 2019, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Baltar nos seguintes termos:

Aceptar a delegación de competencia efectuada polo Concello de Baltar a favor da Deputación Provincial, mediante o Acordo do 27 de decembro de 2017, para a recadación executiva do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) do Concello de Baltar, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Baltar; en todo caso serán de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva e ditaranse todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada o Concello debería remitir as oportunas certificacións de descuberto do tributo a que se refire.

c) A taxa que deberá satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario, conforme o establecido no artigo 6, alínea b), da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

d) A presente delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia durante un prazo de catro anos e prorrogarase tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.

A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas no presente acordo de delegación.

Ourense, 27 de febreiro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense