Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18342

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 27 de febrero de 2019 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Xunqueira de Espadanedo sobre revogación da delegación de competencias de xestión tributaria e recadatoria do imposto de vehículos de tracción mecánica e aceptación da recadación executiva deste imposto.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 22 de febreiro de 2019, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Xunqueira de Espadanedo nos seguintes termos:

Primeiro. Aceptar a revogación da delegación da xestión tributaria e recadatoria do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Xunqueira de Espadanedo, efectuada mediante acordo plenario do 21 de xaneiro de 2019.

Segundo. Aceptar a delegación de competencia efectuada polo Concello de Xunqueira de Espadanedo a favor da Deputación Provincial, mediante o acordo do 21 de xaneiro de 2019, para a recadación executiva do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva e ditaranse todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

Para o exercicio da competencia delegada o Concello debería remitir as oportunas certificacións de descuberto do tributo a que se refire.

A taxa que deberá satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario, conforme o establecido no artigo 6, alínea b), da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

A presente delegación estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 e prorrogaranse tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra comunicándollo á outra cunha antelación inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.

A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas no presente acordo de delegación.

Ourense, 27 de febreiro de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense