Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18346

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2019, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión para o exercicio 2019, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización das obras de construción do denominado Camiño da balea na crista do monte Gaiás, a continuación da extensión norte da praza central (o chamado Parque da Balea).

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de dous meses desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia