Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17908

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (298/2012).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza, con data do 29 de maio de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Peza: 298/2012

Proc. orixe: xuízo ordinario número 584710

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 1 de Arzúa

Deliberación o día 28 de maio de 2013

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:

Sentenza nº 179/2014

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Dámaso Manuel Brañas Santamaría

A Coruña, 29 de maio de 2014

No recurso de apelación civil número 298/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Arzúa, en xuízo ordinario núm. 584/2010, sobre aceptación de sinatura de escritura, seguido entre partes, como apelante Mª Jesús Rivas Moscoso, representada polo/a procurador/a Sr/a. Sánchez García; como apelado Ramiro Rivas Barral, representado polo/a procurador/a Sr/a. Garrido Pardo; como demandados, que non formulan oposición: Mª del Carmen e María Luisa Rivas Barral, Luisa Moscoso García e Iratxe Rivas Moscoso e, como parte declarada en rebeldía, José M. e Marta Rivas Moscoso. Foi relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de María Jesús Rivas Moscoso, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario núm. 584/2010, polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Arzúa, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía José Manuel Rivas Moscoso, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza