Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17906

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (588/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicacion 4922/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 588/2016 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: María Jesús Amado Rodríguez

Avogado: Jesús Porta Dovalo

Recorridos: Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay.

Avogados: letrado de Fogasa, Abel López Carballeda, Jesús Porta Dovalo, Jesús Porta Dovalo, Jesús Porta Dovalo,

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4922/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Amado Rodríguez contra Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

A Sala acorda:

Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Jesús Porta Dovalo, en nome e representación de María Jesús Amado Rodríguez, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 13 de abril de 2018, no recurso de suplicación número 4922/2017, interposto por María Jesús Amado Rodríguez, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, do 3 de xullo de 2017, aclarada mediante o auto do 5 de setembro de 2017, no procedemento número 588/2016, seguido por instancia de María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez e María Jesús Amado Rodríguez contra o Fondo de Garantía Salarial, Izar Construcciones Navales, S.A., Santiago González Garay e Indunor, S.A., sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Indumor, S.A. e Santiago González Garay, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza