Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17910

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO de notificación de sentenza (381/2017).

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Banco de Sabadell, S.A.

Procuradora: Elena Medina Cuadros

Avogado: Juan Carlos Alonso Carralero

Demandados: Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L.U., Juan Francisco Dios Martínez, Guadalupe Bande Mariño

Procuradores: Montserrat Vidal Rivas, Fernando Martínez López

Avogados: Manuel Callón Rivas, Jonathan Rivas Teixeira

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 29 de outubro de 2018.

Vistos por min, Félix Isaac Alonso Peláez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 deste partido xudicial, os precedentes autos de xuízo ordinario, seguidos co número 381/2017, por demanda interposta pola procuradora Sra. Medina Cuadros, en nome e representación do Banco Sabadell, S.A., quen actúa baixo a dirección letrada do Sr. Alonso Carralero, contra Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L., en situación de rebeldía procesual, Juan Francisco Dios Martínez, representado en autos pola procuradora Sra. Vidal Rivas, quen actúa baixo a dirección letrada do Sr. Callón Rivas, e Guadalupe Bande Mariño, representada en autos polo procurador Sr. Martínez López, quen actúa baixo a dirección letrada do Sr. Rivas Teixeira.

Decido.

Desestimando a demanda interposta polo Banco Sabadell, S.A., representado en autos pola procuradora Sra. Medina Cuadros, contra Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L., en situación de rebeldía procesual, Juan Francisco Dios Martínez, representado en autos pola procuradora Sra. Vidal Rivas, e Guadalupe Bande Mariño, representada en autos polo procurador Sr. Martínez López, absolvo os demandados das pretensións deducidas contra eles e impoño á parte demandante o pagamento das custas ocasionadas.

Todo iso con imposición á parte demandada das custas ocasionadas.

Notifíquese esta resolución ás partes. Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación para o seu coñecemento pola Audiencia Provincial conforme o disposto artigo 455 e ss. da Lei de axuizamento civil, que se debe presentar neste xulgado por escrito e no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Dilixencia. Na mesma data, eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe da súa publicación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Teleinformática y Comunicaciones de Galicia, S.L., expídese este edicto para que sirva de notificación.

Ribeira, 14 de xaneiro de 2019

A letrada da Administraciónde xustiza