Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1035/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 1035/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amable Pousada Ferradas contra Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., Adm. Concursal Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), Adm. Concursal Compañía Inmobiliaria Carballal (Carlos Manuel Costas Manzanares), S.L., con intervención do Fogasa sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza do 12 de marzo de 2019 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Rectificar a sentenza do 6 de marzo de 2019 nos termos seguintes:

– Na parte dispositiva onde di José Edelmiro Pita Martínez debe dicir Amable Pousada Ferradas.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño dela aos autos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso algún distinto ao que no seu caso puidese interpoñerse fronte á resolución completada.

Así o acorda e asina SSª.

O/a maxistrado/a».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., e Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza