Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1012/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1012/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Torreiro Costa, Sergio Loureiro Lazcano e José Edelmiro Pita Martínez contra Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Ediciones Lenda, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., administrador concursal de Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), administrador concursal de Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), en que foi parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: PO 1012/2017

Demandantes: Domingo Torreiro Costa, Sergio Loureiro Lazcano e José Edelmiro Pita Martínez

Letrada: Sra. Leobalde Estapa

Demandados: Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal desta; Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e administración concursal desta

Letrados: Nivardo López Canoura e Sr. Díaz Delgado (Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.)

Fogasa

Sentenza 143/2019.

A Coruña, 6 de marzo de 2019

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Domingo Torreiro Costa e José Edelmiro Pita Martínez fronte á empresa Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e, en consecuencia, condénoas solidariamente a aboar polos conceptos debidos:

– A Domingo Torreiro Costa: 2.044,61 euros máis o xuro do artigo 29.3 do ET.

– A José Edelmiro Pita Martínez: 3.023,49 euros máis o xuro do artigo 29.3 do ET.

2º.

a) Declaro que Sergio Loureiro Lazcano desiste da acción exercida.

b) Declaro que Domingo Torreiro Costa e José Edelmiro Pita Martínez desisten da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

3º. O Fogasa e as administracións concursais das condenadas deberanse ater ao decidido nesta resolución.

Dedúzase testemuño desta sentenza á Inspección de Traballo da Coruña, á Seguridade Social da Coruña e á Administración Tributaria da Coruña para que, de ser o caso, inicien as actuacións que consideren convenientes para exixir o cumprimento da legalidade vixente en relación co pagamento parcial do salario en B dos traballadores demandantes, tanto en relación con eles como coas empresas condenadas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza