Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1029/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 1029/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fariñas Saavedra contra Ediciones Lenda, S.L., Administrador Concursal Ediciones Lenda, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 1029/2017.

Demandante: José Manuel Fariñas Saavedra.

Letrado: Sr. Laso González.

Demandado:

– Ediciones Lenda, S.L., e a súa administración concursal.

– Letrado:

Fogasa.

Sentenza número 122/2019.

A Coruña, 12 de marzo de 2019.

Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Fariñas Saavedra fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta parte dispositiva.

2. A indemnización para aboar polas empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 29.782,18 euros.

3. Condeno a empresa demandada a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 49,93 euros/día, o que dá a cantidade de 27.461,50 euros.

4. O Fogasa e a administración concursal da condenada haberán de pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderase interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Javier López Cotelo.

Publicada o día 13 de marzo de 2019.

Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza