Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 510/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 510/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Fernández Gromaz contra a empresa Cejecasa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 510/2016

Demandante: David Fernández Gromaz

Letrado: Sra. Añón Bouzas

Demandados: Cejecasa, S.L. e Fogasa

Sentenza 121/2019.

A Coruña, 12 de marzo de 2019

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por David Fernández Gromaz contra Cejecasa, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 2.300 euros polos conceptos expostos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2º. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicada o día 13 de marzo de 2019.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cejecasa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza