Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 669/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 669/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Zedda contra Fun Kitchen, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tras ver o presente procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 669/2018, seguido por instancia de Federico Zedda contra Fun Kitchen, S.L. e Fogasa, en nome do rei pronunciou a seguinte sentenza:

Resolución:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Fun Kitchen, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, efectuado con data do 6.8.2018, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, 496,13 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 45,10 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza