Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 215/2017).

Declaración de insolvencia.

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 215/2017, por instancia de María Carmen Rial Gómez contra as executadas Beatriz Cela Regueiro e Inés Cela Regueiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou, o día 14 de marzo de 2019, decreto de insolvencia no sentido de declarar as executadas en situación de insolvencia parcial, por importe de 4.478,88 euros de principal, máis 974,07 euros en concepto de xuros de mora, máis 643,54 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza