Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se acorda notificar o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2011/00623.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relacionan no anexo o trámite de audiencia de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 36203 Pontevedra.

En consecuencia, comunícolle que dispón de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta notificación, para formular as alegacións que considere oportunas dirixidas ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra. Logo de transcorrer este prazo sen formular alegacións, ou presentadas estas, continuarase coa tramitación do expediente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2019

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2011/00623

FD351405