Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16703

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (712/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 712/2015 por instancia de Luis Manuel Vázquez Felpete e Gelasio Rumbo García contra Bloquera Forjados Noroeste, S.L. (desistida) e administración concursal de Bloquera Forjados Noroeste, S.L. e a empresa Viguetas y Bloques BFN, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 15 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Luis Manuel Vázquez Felpete e Gelasio Rumbo García contra as empresas Bloquera Forjados Noroeste, S.L. (desistida) e Viguetas y Bloques BFN, S.L., e en consecuencia:

– Condénase a empresa Viguetas y Bloques BFN, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Gelasio Rumbo García a cantidade de sete mil trescentos setenta e seis euros con oitenta e catro céntimos de euro (7.376,84 euros) devindicando o xuro moratorio do 10 %.

• A Luis Manuel Vázquez Felpete a cantidade de oito mil trinta e nove euros con noventa e dous céntimos de euro (8.039,92 euros) devindicando o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bloquera Forjados Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza