Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16701

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (F02 53/2018).

F02 Familia, garda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonio NO C 53/2018

Sobre: alimentos provisionais

Demandante: Norka Rosario Rivera Peñafiel

Procurador: Evaristo Francisco Manso

Avogada: María Aurora Adegas Nieto

Demandado: Christian Segundo Barrezueta Ponce

Eu, Damián Vega de las Heras, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referidos nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza 29/2019.

Verín, 27 de febreiro de 2019.

Vistos por Francisco José Lora Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín e do seu partido, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 53/2018, por instancia de Norka Rosario Rivera Peñafiel, representada polo procurador dos tribunais Evaristo Francisco Manso e coa asistencia letrada de María Aurora Adegas Nieto, contra Christian Segundo Barrezueta Ponce, declarado en situación de rebeldía procesual. Tamén foi parte o Ministerio Fiscal en defensa dos intereses do menor.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión.

Con estimación íntegra da demanda interposta polo procurador dos tribunais Evaristo Francisco Manso, en nome e representación de Norka Rosario Rivera Peñafiel fronte a Christian Segundo Barrezueta Ponce, debo acordar a atribución da titularidade e o exercicio exclusivo da patria potestade do menor José Carlos Barrezueta Rivera á súa nai, Norka Rosario Rivera Peñafiel.

Non se fai declaración en materia de custas procesuais.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación desta sentenza, logo de constitución dun depósito de 50 euros, recurso que será resolto pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación a Christian Segundo Barrezueta Ponce, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Verín, 7 de marzo de 2019