Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 887/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 887/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Catoira Aboli contra Fogasa, ADM concursal de Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L. (Jaime Fernández Obanza Carro), Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 887/2017.

Demandante: Óscar Catoira Aboli.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado:

– Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L.

– Administración concursal de Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L.

Fogasa.

Sentenza 140/2019.

A Coruña, 6 de marzo de 2019.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Óscar Catoira Aboli fronte a Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 2.990,76 euros líquidos polos conceptos expostos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa e a administración concursal da condenada deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada o día 7.3.2019.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esmeralda Varela Haz e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza