Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1035/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1035/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amable Pousada Ferradas contra Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Fogasa, Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., ADM Concursal Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), ADM Concursal Compañía Inmoboliaria Carballal, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1035/2017

Demandante: Amable Pousada Ferradas

Letrada: Sra. Leobalde Estapa

Demandados:

– Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal desta

– Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e administración concursal desta

– Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.

– Nivardo López Canoura

– Fogasa

Sentenza 144/2019

A Coruña, 6 de marzo de 2019

Decisión

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Edelmiro Pita Martínez fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 9.411,53 euros.

3º. Teño por desistido o demandante da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

4º. O Fogasa e as administracións concursais das condenadas deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Dedúzase testemuño desta sentenza á Inspección de Traballo da Coruña e á Administración tributaria da Coruña para que, de ser o caso, inicie as actuacións que tivese por convenientes para exixir o cumprimento da legalidade vixente en relación co pagamento parcial do salario en B do traballador accionante, tanto en relación con el como coas empresas condenadas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, oito de marzo de dous mil dezanove

A letrado da Administración de xustiza