Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 25/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Ribero contra Aberman Empresa Construtora, S.L., Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, doce de marzo de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Aberman Empresa Construtora, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 3.020,24 euros en concepto de principal (2.726,70 euros en concepto de vacacións, indemnización, paga extra de Nadal, 194,56 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 834,47 euros, 98,98 en concepto de xuros do art. 1108 do Código civil sobre a indemnización que comporta 1.392,23 euros), máis outros 302,04 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aberman Empresa Construtora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza