Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de marzo de 2019 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 51/2019 no expediente de reposición da legalidade COR/214/2015-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela en relación co procedemento ordinario 51/2019, interposto por Antonio Uzal Segade contra a Resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 27 de setembro de 2018, na cal se declara que as obras executadas, consistentes na construción de varias edificacións no lugar de Trasariz, número 2, na parroquia de San Fins de Sales, concello de Vedra, non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a súa demolición, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse Mª Victoria Segade Fernández e herdeiros de Juan Guillermo Iglesias Segade para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística