Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de marzo de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de tramos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-504, puntos quilométricos 1+300 a 3+000, de clave PO/18/115.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo citado proxecto.

Antecedentes:

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento para información pública do proxecto construtivo Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no cotorno de TCA na estrada PO-504, p.q. 1+300 a 3+000, de clave PO/18/115.06.

Téndose identificado como TCA o treito da estrada PO-504 comprendido entre os puntos quilométricos 1+300 a 3+000, o obxecto do proxecto é xustificar e definir diversas actuacións de mellora da seguridade viaria nel, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Así, as actuacións propostas para minimizar o TCA actúan principalmente en varias interseccións. Estas actuacións son as seguintes:

• Tramo 1: entre os pp.qq. 0+790 e 1+360:

– Intersección 0+940 MI: mellórase a intersección en T existente na marxe esquerda, dotándoa de cuñas e carril central de espera. Elimínanse os xiros á esquerda.

– Intersección 1+300 MD: ordénase a intersección existente de dous camiños anexos na marxe dereita, facéndoos de sentido único (en continuidade) e dispoñendo dun carril para movementos de entrada e saída. Permítese o xiro á esquerda desde un dos camiños.

• Tramo 2: entre os pp.qq. 1+750 e 2+370:

– Intersección 2+110: disponse dunha glorieta na intersección co camiño ao Santo, que ordena os movementos das vías que a entroncan, e permitirá o cambio de sentido, xunto coa glorieta do p.q. 2+270, dos vehículos para poder eliminar o xiro á esquerda en todo o tramo desta actuación.

– Intersección 2+160 MI: na intersección existente coa estrada EP-9207 Vichona-Dena modificarase a súa sinalización para prohibir o cruzamento da PO-504 e o xiro á esquerda de acceso a ela.

– Intersección 2+270: disponse unha glorieta na intersección co camiño ao Carballo, que ordena os movementos das vías que a entroncan e permitirá o cambio de sentido, xunto coa glorieta do p.q. 2+270, dos vehículos para poder eliminar o xiro á esquerda en todo o tramo desta actuación.

• Tramo 3: entre os pp.qq. 2+710 e 3+230:

– Intersección 2+740: mellórase a intersección co camiño existente, facéndoo de sentido único e dotándoa de cuña de transición para o acceso á PO-504. Permítese o xiro á esquerda desde o camiño.

– Intersección 3+070: disponse unha glorieta na intersección situada no p.q. 3+070, que ordena os movementos das vías que a entroncan e permitirá eliminar o acceso existente situado a uns 40 m na marxe esquerda, desprazándoo á propia glorieta mediante a execución dunha nova vía.

Ademais, nos citados tramos disporase dun cebrado central que reduza a largura dos carrís, de maneira que se advirta máis eficazmente o usuario da estrada da necesidade de reducir a velocidade en todo o percorrido.

Mellorarase tamén a seguridade dos pasos de peóns mediante a restrición do aparcamento nas súas proximidades e revisaranse as paraxes de autobuses existentes para dotalas de maior seguridade.

As actuacións compleméntanse coa pavimentación de todos os tramos e a adecuación da sinalización aos cambios proxectados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Sanxenxo (Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), encóntrase á disposición dos interesados o documento de separata do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-504, p.q. 1+300 a 3+000

Clave PO/18/115.06

Concello de Sanxenxo:

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Titular

NIF

Sup.
catastral (m²)

Afeccións (m²)

Bens

Natur.

Clasif. urb.

Sit. bas.
solo

Aproveitamento/uso

Exprop.

Oc. temp.

Total

1

36051A00506018

5

6018

Rivas Rey, José

****5662*

1.770

Ocio, hostalaría

17

17

UR

Urbano

Urbanizado

2

36051A00506022

5

6022

Concello de Sanxenxo

P360*****

950

Solo sen edif.

213

213

Muro cachotaría

UR

Urbano

Urbanizado

3

36051A00501219

5

1219

Varela Torres, Cándido (50 %)

****0770*

930

Residencial

25

25

Peche vexetal

UR

Urbano

Urbanizado

Valladares Domínguez, Angelina (50 %)

3525*****

4

5264901NG1956S

52649

1

Sánchez Aguín, José Luis (50 %)

****6776*

1.072

Industrial

58

58

UR

Urbano

Urbanizado

Fontán Torres, Joaquín José (25 %)

3541*****

Guzmán Cortegoso, María Luisa (25 %)

****2316*

5

36051A04700353

47

353

Souto Fernández, Albino Saturnino herdeiros de

3541*****

1.384

Residencial
E-pastos

72

72

Poste pedra e

malla metálica

Poste de formigón e malla metálica

Árbore (conífera grande)

UR

Urbano

Urbanizado

6

36051A04700352

47

352

Vázquez-Garza Torres, María del Carmen

****7372*

1.327

Solo sen edif.

527

800

1.327

Poste de formigón e malla metálica

Poste de formigón e aramado

UR

Urbano

Urbanizado

7

36051A04600897

46

897

Cacabelos Camiña, Berta (50 %)

7685*****

115

Residencial
V-viña secaño

33

33

UR

Urbano

Urbanizado

Maquieira García, Juan (50 %)

3521*****

8

36051A04300027

43

27

Inmobiliaria Río Nilo,S.L.

****3211*

2.337

Solo sen edif.

396

396

Varanda metálica

Poste formigón e aramado

UR

Urbano

Urbanizado

9

36051A04300641

43

641

Rodiño Padín, Sara (50 %)

3519*****

814

Solo sen edif.
MT matogueira

226

226

Varanda metálica

UR

Urbano

Urbanizado

Troncoso Poceiro, José (50 %)

****9634*

10

36051A04200183

42

183

Sanmartín Martínez, Javier

****7168*

529

Solo sen edif.

20

20

Poste de formigón e aramado

UR

Urbano

Urbanizado

11

36051A04300080

43

80

Méndez Barbeito, Nélida

7685*****

1.027

Solo sen edif.

111

111

Muro de bloque

UR

Urbano

Urbanizado

12

36051A04300079

43

79

Martínez Torres, Elisa Esther

****8093*

535

Solo sen edif.

19

19

UR

Urbano

Urbanizado

13

36051A04300111

43

111

Troncoso Poceiro, Amelia

7684*****

1.365

Industrial

1

1

Muro de cantaría

UR

Urbano

Urbanizado

14

36051A04200206

42

202

Camiña García, Jacinto herdeiros de

****1558*

2.157

Industrial
MT matogueira

164

164

Murete de pedra e malla metálica

Poste de formigón e aramado

Murete de pedra

UR

Urbano

Urbanizado

15

36051A04200207

42

207

Camiña Blanco, Mª Sofía del Carmen

7685*****

236

Solo sen edif.

34

34

Varanda metálica

UR

Urbano

Urbanizado

Camiña Blanco, Albino herdeiros de

****7437*

Vidal Prieto, José herdeiros de

3519*****

Padín Blanco, Otilia

****3089*

16

36051A042002050001GZ

42

205

Touriño Camiña, José Antonio herdeiros de

3525*****

1.287

Solo sen edif.
MT matogueira

360

360

Murete de pedra

UR

Urbano/

rústico

Urbanizado

36051A042002050000FB

681

MT matogueira

17

17

17

36051A043003710001GI

43

371

Meis Viñas, José

****8155*

336

Solo sen edif.
C labor ou labradío secaño

8

8

Murete de formigón

UR

Urbano

Urbanizado

18

36051A043003730001GE

43

373

Padín Blanco, Otilia

7685*****

1.239

Solo sen edif.
C labor ou labradío secaño

316

316

Varanda metálica

Murete de formigón

Panel publicitario

UR

Urbano

Urbanizado