Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 14 de marzo de 2019 pola que se autoriza a transmisión inter vivos dun parque de cultivos mariños na Ría de Vigo.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión inter vivos dun parque de cultivo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Celia Paredes Pequeño (****0219) e Antonio Acuña Paredes (****0498) en virtude do cambio de dominio mortis causa publicado no DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 1990, son titulares dun parque de cultivo mariño de 2.000 m2 de dominio público marítimo terrestre en San Adrián de Cobres, Vilaboa (Pontevedra).

Segundo. Mediante escrito do 7 de marzo de 2019, Celia Paredes Pequeño e Antonio Acuña Paredes solicitaron autorización para a transmisión da titularidade e da concesión administrativa do parque de cultivo mariño do que son titulares.

Terceiro. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Cuarto. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

– Informe técnico biolóxico do 11.3.2019, da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mariscos Antón Fernández, S.L.U. (B-70451018), do parque de cultivo mariño e da concesión administrativa que o ampara que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ostra plana (Ostrea edulis), ostra gigas (Crassostrea gigas), ostión portugués (crassostrea angulata).

Localización: San Adrián de Cobres, Vilaboa (Pontevedra).

Título habilitante: concesión.

Data de outorgamento: Orde ministerial do 5.4.1973 (BOE núm. 117, do 16 de maio).

Superficie de dominio público marítimo terrestre: 2.000 m2.

Remate da vixencia: 3.8.2026.

Actuais titulares: Celia Paredes Pequeño (****0219) e Antonio Acuña Paredes (****0498).

Novo titular: Mariscos Antón Fernández, S.L.U. (B-70451018).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de marzo de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial
P.D. de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños