Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 705/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 705/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Buldain Loduca contra Menta Panadería Pastelería, S.L., Fogasa, administración concursal de Menta Panadería Pastelería, S.L. (Tomás Dapena Carabel), sobre despedimento, se ditou o Auto de aclaración de sentenza do 26 de febreiro de 2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Procede a rectificación instada pola parte demandada, de maneira que:

a) Na resolución da sentenza, onde di: “extinción da relación laboral con data desta sentenza”, debe dicir: “extinción da relación laboral con data do 23 de xuño de 2017”.

b) Na fundamentación xurídica, onde di: “únese a pedir a extinción da relación laboral nesta resolución”, debe dicir: “únese a pedir a extinción da relación laboral nesta resolución con data de efectos a de efecto do despedimento o 23 de xuño de 2017”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina S.Sª.

O maxistrado xuíz».

Para que sirva de notificación en legal forma a Menta Panadería Pastelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza