Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 536/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 536/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Sanda Crego contra Electro Sanxurxo, S.L., administrador concursal de Electro Sanxurxo, S.L., con intervención do Fogasa, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son o seguinte:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 536/2016.

Demandante: José María Sanda Crego.

Letrado: Sr. Padín Viaño.

Demandada: Electro Sanxurxo, S.L.

Administración concursal Electro Sanxurxo, S.L.

Letrado: Sra. Brañas Fernández.

Fogasa.

Sentencia número 117/19.

A Coruña, 20 de febreiro de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José María Sanda Crego fronte á empresa Electro Sanxurxo, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 6.670,84 euros polos conceptos indicados así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberán pasar polo resolto na presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Electro Sanxurxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza