Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 523/2016).

PO Procedemento ordinario 523/2016

Procedemento orixe: PO/2016

Sobre ordinario

Demandante: Patricia Vanesa Guevara Martínez

Avogada: María Teresa Míguez Castelos

Demandados: Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L., Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 523/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Vanesa Guevara Martínez contra Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L., con intervención do Fogasa, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade número 523/2016

Demandante: Patricia Vanesa Guevara Martínez

Letrada: Sra. Míguez Castelos.

Demandada: Cocina Fusión Tamei, S.L.

Letrado/a:

Tamei Restauración, S.L.

Letrado/a:

Abeiradaria, S.L.

Letrado/a:

Fogasa:

Sentenza número 116/2019

A Coruña, 20 de febreiro de 2019».

Decido:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Vanesa Guevara Martínez fronte á empresa Cocina Fusión Tamei, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 3.137,98 euros polos conceptos indicados así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

2º. Teño por desistida a parte demandante das pretensións dirixidas fronte a Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto nesta resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no tablón de anuncios da ouficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza