Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 892/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 892/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Matos Pardo contra Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, ditouse auto de aclaración de sentenza o 20.2.2019 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Procede complemento de sentenza instado no sentido de que debe engadirse un novo feito probado que recolla que a base reguladora da prestación de IPT-IPP ascende á suma de 1.339,22 euros mensuais.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina a súa señoría.

O/a maxistrado/a xuíz/a».

E para que sirva de notificación en legal forma ás mercantil Construcciones y Obras José Antonio, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza