Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13705

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (1776/2011).

Neste órgano xudicial tramítase división de herdanza 1776/2011, seguida por instancia de Miguel Ángel Yáñez López, representado pola procuradora Sra. García García, representación que desempeña en virtude de quenda de oficio, sobre división da herdanza dos causantes Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez, nos cales figuran os seguintes particulares:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María José Vázquez Álvarez.

Sarria, 20 de febreiro de 2019.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza dos finados Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez, o contador José Soto Carballada presentou as operacións divisorias, para cuxo labor foi designado.

Segundo. Das devanditas operacións divisorias deuse traslado aos interesados na herdanza, facéndolles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición a elas.

Terceiro. A procuradora Sra. López Vila, en nome e representación de Teresa López López, formulou en tempo e forma oposición ás operacións particionais.

Cuarto. Convocadas as partes á comparecencia que sinala o artigo 787 da LAC, a representación procesual de Teresa López López desiste do escrito de oposición ás operacións particionais.

Fundamento de dereito único. Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000 de axuizamento civil (LAC) que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder opoñerse ás operacións divisorias sen presentaren a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o letrado da Administración de xustiza ditará decreto que aprobe as operacións divisorias, mandando protocolizalas, que é o sucedido no presente caso.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez realizadas polo contador José Soto Carballada, as cales se protocolizarán na Notaría de Sarria.

2. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución incorrese.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se resolveu (artigo 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar constituír un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co número 6103 2313 0000, da entidade Banco Santander. Salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma a Gloria López García, Felicitas López García, Mercedes Díaz López, Olga Díaz López, José Luis Díaz López, Miguel A. Villalobos López, Emilio Villalobos López, Rosa María López, Dolores López García, Antonio Alamino López, María Concepción López Chamas, Josefina López López, Dolores López López, María Teresa López López, Silvia Álvarez Yáñez, Laura Álvarez Losada, María del Carmen Losada Canal, Antonio López García, José López García, Rocío Álvarez Yáñez, Daniel López Sánchez e Francisca García Rodríguez, expido e asino este edicto.

Sarria, 21 de febreiro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza