Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 113/2918).

Eu, Carmen Dosuna Nieto, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 113/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Helen Igbinovia Ayo contra a empresa Juan Valentín Padrón Armas, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Helen Igbinovia Ayo coa empresa Juan Valentín Padrón Armas e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Helen Igbinovia Ayo.

Indemnización: mil setecentos oitenta e oito euros con trinta e oito céntimos (1.788,38 euros).

Salarios: dezaseis mil cincuenta e un euros con oito céntimos (16.051,08 euros), a razón de 543 días por 29,56 euros/día.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Valentín Padrón Armas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza