Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 2/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Mourenza Automoción, S.L., comunidade de propietarios edificio Saudade Rosalía de Castro, M. Liste, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza número 288/2017, de data 14 de xuño, ditada no procedemento SSS 460/2014, aclarada por auto de data 1 de setembro de 2017 a favor da parte ejecutante fronte a Mourenza Automoción, S.L., comunidade de propietarios edificio Saudade Rosalía de Castro e M. Liste, S.L., parte executada, por importe de 9.929,24 euros en concepto de principal fronte á comunidade de propietarios edificio Saudade Rosalía de Castro, de 65.218,43 euros en concepto de principal fronte a Mourenza Automoción, S.L. e de 65.218,43 euros en concepto de principal fronte a M. Liste, S.L.; máis outros 7.514,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que se puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostoes e requisitos procesuais exixidos se poderá deducir a oposición á execución despachada, e aducirase pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir as executadas Mourenza Automoción, S.L., comunidade de propietarios edificio Saudade Rosalía de Castro e M. Liste, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 9.929,24 euros en concepto de principal fronte á comunidade de propietarios edificio Saudade Rosalía de Castro, de 65.218,43 euros en concepto de principal fronte a Mourenza Automoción, S.L. e de 65.218,43 euros en concepto de principal fronte a M. Liste, S.L.; máis outros 7.514,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresarase o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0002 19), con apercibimiento de que, no caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se realizará o embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Mourenza Automoción, S.L., comunidade de propietarios edificio saudade Rosalía de Castro, M. Liste, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimiento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a M. Liste, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza