Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13704

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (236/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que o 1 de outubro de 2018 Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza nos autos de xuízo sobre delitos leves número 236/2018 contra José Carlos Fuentes Aragunde.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións na Secretaría á disposición das partes.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante o presente edicto notifícase a José Carlos Fuentes Aragunde, en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza