Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13702

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1435/2017).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 1435/2017

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Leticia Aguiar Vázquez

Procuradora: Ana Crespo Damota

Avogada: Concepción Álvarez Otero

Demandado: Óscar Hernández Magdalena

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Leticia Aguiar Vázquez fronte a Óscar Hernández Magdalena ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 991/2018.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 28 de novembro de 2018.

Vistos os presentes autos número 1435/2017 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Crespo, en nome e representación de Leticia Aguiar Vázquez, dirixida pola letrada Sra. Álvarez fronte a Óscar Hernández Magdalena, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución.

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia do fillo menor e, así como a pensión de alimentos de Desireé Hernández Aguiar:

1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai, Leticia.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, Leticia.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor da súa filla establécese a obrigación do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante determinen, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obrigación de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e seguiente da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E atopándose o dito demandado, Óscar Hernández Magdalena, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza