Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13700

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Narón.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas cales se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, sito na avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol, e demais lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 21 de febreiro de 2019

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Atención Primaria de Narón.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñar praza no Servizo de Atención Primaria a que opte e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.