Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 582/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 582/2018 deste xulgado do social se ditou a Sentenza co número 70/2019, do 8 de febreiro de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos 582/2018, sobre despedimento, seguidos por instancia de Roberto Gómez Tomé, asistido polo letrado Sr. Juan Carlos Rodríguez Gesto, contra a empresa Cervexaría Áncora, S.L.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Roberto Gómez Tomé contra a empresa Cervexaría Áncora, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 30 de xuño de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 48,82 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 5.370,63 euros por despedimento improcedente. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días, contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

E igualmente condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina.

Para que sirva de notificación en legal forma a Cervexaría Áncora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza