Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 441/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 441/2018 deste xulgado do social ditouse sentenza co número 69/2019 o 8 de febreiro de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 441/2018, sobre despedimento, seguidos por instancia de Nieves Pérez Insua, asistida pola letrada Lidia de la Iglesia Aza, contra Silvia Lorena Guiarratán.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Nieves Pérez Insua contra Silvia Lorena Guiarratán e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 17 de abril de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita á traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 43,74 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 120,29 euros por despedimento improcedente, todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

E, igualmente, condénase á demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratán, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza