Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 872/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 872/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Figueroa Sendon contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e a administradora concursal Montserrat Vale Santos, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Felipe Figueroa Sendon, asistido pola letrada Sra. Manzano Martínez, contra a entidade Seguridad y Planificación Galicia, S.L., a súa administradora concursal (Montserrat Vale Santos) e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 479,6 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno a Montserrat Vale Santos a avirse ás anteriores declaracións e condenas, na súa única condición de administradora concursal da entidade demandada.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza