Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 554/2017).

Despedimento obxectivo individual (DOI) 554/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Patricia Alende Ferrín

Avogada: Marta Rodríguez Mallo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Mármoles Alende, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 554/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín, contra Mármoles Alende, S.L., sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acórdase aclarar o contido da sentenza do 13 de abril de 2018, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No fundamento quinto, último inciso, debe dicir: ”Con base no exposto, atendida a antigüidade do demandante, 1 de abril de 2003, o seu salario mensual de 1.734,36 euros e a data do despedimento, 30 de xuño de 2017, correspóndelle recibir unha indemnización de 33.071,63 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 57,02 euros”.

Na decisión debe dicir: “Estímase a demanda interposta por Patricia Alende Ferrín contra a entidade Mármoles Alende, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polas demandadas con efectos do 30 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 57,02 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 33.071,63 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e firma».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza