Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 287/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 287/2018

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 554/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Patricia Alende Ferrín

Avogada: Marta Rodríguez Mallo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Mármoles Alende, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín contra a empresa Mármoles Alende, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 13 de febreiro de 2019 e decreto en data 15 de febreiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Patricia Alende Ferrín con Mármoles Alende, S.L. e condeno á executada a aboarlle a suma de 36.207,73 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 33.869,88 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 3.160,60 euros que se deben en concepto de cantidades debidas, do que resulta un total de 73.238,21 euros.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e firma».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Patricia Alende Ferrín e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a súa insolvencia.

En virtude do disposto no artigo 551 da LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal e únase o resultado ás actuacións.

Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 13 de febreiro de 2019 polo cal se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra quen se despachou execución (artigo 551.3, parte final).

Notifíqueselles ás partes e a Mármoles Alende, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 028718. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 028718”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Mármoles Alende, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza