Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (279/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 279/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Queiruga Rial, contra a empresa Gestio Illahotels, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Auto do 13 de febreiro de 2019 e Decreto do 15 de febreiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Francisco Queiruga Rial con Gestio Illahotels, S.L., e condeno a executada a aboarlle á suma de 2.191,16 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 17.341,9 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 200 euros debidos en concepto de cantidades debidas, resultando un total de 19.733,03 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Gestio Illahotels, S.L., e ao Fondo de Garantía Salarial a fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a súa insolvencia.

En virtude do disposto no artigo 551 LEC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal, e únase o resultado ás actuacións.

Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 13 de febreiro de 2019 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3, parágrafo final).

Notifíquese ás partes e a Gestio Illahotels, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0279 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0279 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gestio Illahotels, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza