Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 394/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 394/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Ramón Fernández Hermo contra Nova Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de dereito e cantidade, ditouse decreto o 14.2.2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza