Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de José Ramos Rúa.

Antecedentes.

Por Resolución do 14 de marzo de 2018, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de José Ramos Rúa (ABI/2010/0025).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. nº 81, do 3 de abril de 2018), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 62, do 28 de marzo de 2018), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro (Lugo) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 9 de abril de 2010 no concello de Viveiro, e que aínda que tiña outorgado testamento o 5 de setembro de 2001 a favor da súa irmá Carmen Ramos Rúa, este resultou ineficaz por premoriencia da instituída en data do 1 de novembro de 2009. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no concello de Viveiro, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar á Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de José Ramos Rúa, con DNI 33674622-T, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Predio de 12 m2 ocupado na súa totalidade por unha construción de igual planta, situado no lugar de Aura, San Pedro, no municipio de Viveiro (Lugo). Estrema por todos os seus ventos coa parcela 378, do polígono 37.

Referencia catastral: 000902100PJ13A0001BB.

Valor catastral: 368,33 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Depósito á vista na entidade Banco Santander, S.A., CCC: 0049 0083 23 2690210367.

– Depósito a prazo na entidade Banco Santander, S.A., CCC: 0049 0083 27 3020543910.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do concello de Viveiro.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán exercitar as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2019

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda