Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 611/2017).

Procedemento ordinario 611/2017

Sobre ordinario

Demandante: José Ramón Mayo Gómez

Abogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fogasa, Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, Agencia Servicios Mensajería, S.A.U.

Abogados: letrado de Fogasa, Inmaculada Paula Pereira García

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 611/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Mayo Gómez contra Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, Agencia Servicios Mensajería, S.A.U., Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza: 42/2019.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019.

Elena Calleja Curros maxistrada-xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver este procedemento ordinario 611/2017 por instancia de José Ramón Mayo Gómez, contra Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, Agencia Servicios Mensajería, S.A.U., Fogasa, en nome do Rey, pronunciou o seguinte

Decido.

Tense á parte demandante por desistida da súa pretensión fronte a Agencia Servicios Mensajería, S.A.U.

Estímase integramente a demanda interposta pola parte demandante fronte a Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, e condénanse as codemandadas ao aboamento de 3.977,16 euros máis o xuro de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET). Non se fai imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación en 5 días desde a notificación desta sentenza.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro 2019

Letrado da Administración de xustiza