Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, promovido por Hidroeléctrica Lumymey, S.L. (expediente 2018AAE2238; código 2141/2018).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 8 de febreiro de 2019, sobre o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, promovido por Hidroeléctrica Lumymey, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático