Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (sentenza DOI 753/2018).

Despedimento obxectivo individual (DOI 753/2018)

Sobre despedimento

Demandante: María de la Concepción Baluja Sende

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fogasa, Enade Gestión, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber, que no procedemento de despedimento obxectivo individual 753/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 753/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de María de la Concepción Baluja Sende, asistida pola letrada María Sol Romero Salgado contra a empresa Enade Gestión, S.L.

Decido

Estimar a demanda formulada por María de la Concepción Baluja Sende contra a empresa Enade Gestión, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 6.089,71 euros en concepto de indemnización, calculada a razón de euros 45,19 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 14 de setembro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 4.744,95 euros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza