Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12045

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (297/2016).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidade de Propietarios da rúa Redondela, 4, de Vigo fronte a Antonio Álvarez Bello, María Encarnación Álvarez Bello, Dolores Álvarez Bello, José Reodan Álvarez Bello, herdanza xacente de Carmen Bello Parga, María del Pilar Álvarez Bello, Angélica Álvarez Bello, Camila Álvarez Bello ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 187/2017.

Vigo, 27 de setembro de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que, co número 297/2016, se seguen por instancia de Comunidade de Propietarios da rúa Redondela, 4, de Vigo, representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e dirixida polo letrado José Manuel Cid Cid, contra a herdanza xacente de Carmen Bello Parga, en cuxo nome e representación non compareceu ninguén nas actuacións, pero si o fixeron, como interesados no proceso, Camila Álvarez Bello, representada pola procuradora María Piñeiro Peña e defendida pola letrada Susana Rodríguez Couto; Antonio Álvarez Bello, representado pola procuradora Patricia Conde Abuín e dirixido polo letrado Santiago Abeigón Vidal, e Angélica Álvarez Bello, representada polo procurador José Fernández González e defendida pola letrada María Elena Ferreiro Rodríguez, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cotas e gastos non aboados a unha comunidade de propietarios en réxime de división horizontal.

Resolución.

Estimo parcialmente a demanda formulada pola Comunidade de Propietarios da rúa Redondela, 4, de Vigo, contra da herdanza xacente de Carmen Bello Parga, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1°. Condeno a herdanza xacente de Carmen Bello Parga a pagarlle á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 1.150 euros.

2º. Non procede efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais, en relación con ningunha das partes e intervenientes no presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose a demandada María Encarnación Álvarez Bello en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 30 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza