Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1031/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1031/2016 deste xulgado do social, contra a empresa Lanzada Gestión Turística, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 7 de febreiro de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1031/2016, sendo parte nel, dun lado como demandante Maritza Arrieta Díaz, asistida polo letrado Daniel Pérez López e como demandados Lanzada Gestión Turística, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estar citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación destes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Maritza Arrieta Díaz, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Lanzada Gestión Turística, S.L. a que aboe a aquela a cantidade de 2.642,94 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, deposítase na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lanzada Gestión Turística, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza