Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1217/2015-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1217/2015 por instancia de Concepción González Sarriá contra Viasan Servicios, S.L., Jesús Varela Ferreiro e Andrés Costa Pérez, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 29 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Concepción González Sarriá fronte á empresa Viasan Servicios, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Viasan Servicios, S.L. a aboar á demandante a cantidade de tres mil catrocentos cincuenta e tres euros con noventa e cinco céntimos de euro (3.453,95 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Expídoa eu, a letrada da Administración de Xustiza, para facer constar que no día de hoxe a entrega o maxistrado xuíz deste xulgado, sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola constitución e as leis. A Coruña o 4 de febreiro de 2019.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ante este xulgado, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Viasan Servicios, S.L., Jesús Varela Ferreiro e Andrés Costa Pérez, expido e asino a presente.

A Coruña, 8 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza