Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12043

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (601/2018).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVB 601/2018 seguido por instancia de Hune Rental, S.L.U. fronte a Acende Enerxía, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 124/2018.

Xuízo verbal número 601/2018.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Hune Rental, S.L.U.

Avogado: Sr. Juez Hervás.

Procurador: Sra. Regueiro Muñoz.

Demandada: Acende Enerxía, S.L. (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade aluguer maquinaria.

En Santiago de Compostela o 17 de decembro de 2018.

Resolución.

Estimo integramente a demanda presentada por Hune Rental, S.L.U. contra Acende Enerxía, S.L. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á entidade demandante a suma de 3.449,22 euros, incrementada cos xuros da Lei 3/2004 devindicados sobre o importe de cada unha das facturas achegadas como doc.2 desde a data de vencemento de cada factura ata o seu completo pagamento á demandante. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Acende Enerxía, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza