Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12041

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3294/2018 MRA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3294/2018 MRA

Xulgado de orixe autos: despedimento/cesamentos en xeral 254/2017 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrentes: Montajes Telefónicos del Noroeste Sociedad Cooperativa Gallega, Telefónica España, S.A.U.

Avogadas: Carmen María Rodríguez Vázquez, María Ramos Pérez Crespo

Recorridos: Fogasa, Canalizacións del Noroeste, S.L., Emiliano Sánchez Tomé

Avogados: letrado de Fogasa, Juan Rafael Pazos Pesado

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3294/2018 desta sección, seguidos por instancia de Montajes Telefónicos del Noroeste Sociedad Cooperativa Gallega, Telefónica España, S.A.U. contra o Fogasa, Canalizaciones del Noroeste, S.L., Emiliano Sánchez Tomé, sobre resolución de contrato, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos.

Que desestimando os recursos de suplicación interpostos por Telefónica de España, S.A.U., e a Montelnor, S.C.G. contra a sentenza de data 25 de maio de 2018 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra no procedemento número 254/2017 sobre cantidades debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Procede declarar a perda do depósito constituído para impugnar. Impóñense as custas aos recorrentes condenándoos ao aboamento dos honorarios do letrado impugnante do recurso en contía de 550 euros a cada unha das empresas recorrentes.

Respecto dos aseguramentos prestados mantéñase estes ata o cumprimento da resolución impugnada ou en execución de sentenza acórdese o procedente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2019

La letrada da Administración de xustiza